11 de febreiro de 2009

Consellos para sobrevivir ao CLIMA


Algún sindicato xa anuncia a fusión de varias CBC, que temos que supoñer que traerá consigo redución de postos de traballo, porque se rumorea que sobra moita xente. E desafortunadamente, temos que falar de rumores, porque o que é a información oficial, como é habitual, brilla pola súa ausencia.

Así que, polo que se ve, o CLIMA segue como o do ano pasado, pero peor, xa que ao parecer xa non haberá tantos cartos para prexubilacións, polo que a empresa vai optar por outras alternativas como as baixas incentivadas, teoricamente voluntarias e normalmente baixo presión.

Ésta fórmula ten varias vantaxes para o banco:

• É moito máis barata que a prexubilación.
• Non dá a impresión de estar a despedir ou a reducir drasticamente o cadro de persoal.
• Non ten a obriga legal de comunicalo ao Comité de Empresa, xa que tecnicamente non equivale a un despido.
Deste xeito, aínda non coñecemos as cifras definitivas de baixas no 2008, pero a suma de todos os conceptos a 30 de setembro, ascendía a 1.475 postos menos de traballo no Estado español.
Cremos que tal e como están as cousas é importante lembrar cal é a situación actual e algún dos nosos dereitos:
• É fundamental estar afiliado/a. En caso de que te abran expediente por calquera motivo, a empresa ten a obriga de comunicalo ao teu sindicato. Pensade quen credes que defenderá os vosos intereses e afiliádevos.
• Ninguén pode contar xa con estar fóra da lista das persoas que “sobran” para o BBVA, ben sexa porque levas pouco tempo, ou moito, ou porque non lle gustas ao teu responsable, pódenos tocar a calquera.
• Esteas ou non afiliado/a, sempre podes pedir estar acompañado/a por alguén da representación sindical nas túas conversas coa empresa.
• Dado que non recibimos información por parte do BBVA, e pasado o tempo vemos cales son as cifras de redución de emprego nas que nos estamos a mover, PRECISAMOS DA VOSA COLABORACIÓN: Poñede en coñecemento dos sindicatos as presións e as proposicións de baixas incentivadas para que poidamos loitar contra elas.

Sabedes que estamos a loitar, e podedes ter a seguridade de que haberá resposta sindical se as cifras de redución de emprego seguen a crecer como no 2008.

En calquera caso, afiliádevos e tede en conta os nosos consellos polo que poida pasar.

“Cando os nazis viñeron buscar aos comunistas,
gardei silencio,
porque eu non era comunista,
Cando encarceraron aos socialdemócratas,
gardei silencio,
porque eu non era socialdemócrata,
Cando viñeron buscar aos sindicalistas,
non protestei,
porque eu non era sindicalista,
Cando viñeron buscar aos xudeus,
non protestei,
porque eu non era xudeu,
Cando viñeron buscarme a min,
non había ninguén máis que puidese protestar”

(Martin Niemöller)


Contactade coa vosa representación sindical ante calquera dúbida ou problema.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]






Ningún comentario: