28 de decembro de 2008

Reunión coa UTRH Noroeste

Representantes da Sección Sindical da CIG mantiveron o pasado día 20 unha xuntanza cos representantes de Recursos Humanos da nosa Territorial, para falar dos problemas que preocupan ao cadro de persoal dende hai xa tempo, e dos planes que o BBVA puidera ter para o futuro.

Como vén sendo habitual, a nosa Sección denunciou as deficiencias na comunicación coa empresa que, como xa temos comentado, tarda en facilitar moita información ou, directamente, non nola aporta.

Deixamos patente unha vez máis a nosa desconformidade con esta situación, e loitaremos contra ela con todos os recursos que estean nas nosas mans.

Temos que salientar que a nosa Sección propuxo a negociación duns límites, condicións e proteccións, para os compañeiros e compañeiras que están a cubrir distintos postos na súa CBC con desprazamento, xa que temos coñecemento de que as compensacións que reciben non son iguais en todas as CBC.

Os representantes da empresa aseguran que trasladarán a nosa proposta a Madrid, para que a dita negociación sexa para todo o cadro de persoal do Estado Español.

Esperamos que nos respondan axiña, invitándonos a tomar parte na negociación, que cremos moi necesaria, en aras da igualdade de trato e a non discriminación.

Respecto de outros temas que foron tratados na reunión podemos salientar:

Que a empresa di que non pensan que as Administracións dos CBC vaian desaparecer nas oficinas para pasar a OP Plus Málaga.

Que non teñen noticias de que existan planes para exteriorizar o servizo de caixa, aínda que si se conta con substituír persoal físico por máquinas, e manter ao persoal da ETT na caixa.

Que continuaran as prexubilacións e outros xeitos de reducir persoal.

Que poida que pechen máis oficinas para o ano que vén, pero que carecen de datos hoxe en día.

Que os desprazamentos entre oficinas en sábados e no mes de agosto, seguirán igual ou se ampliarán a máis sucursais.

Que o cadro de vacacións 2009 ten que facerse por Centro de Traballo, e a CBC non o é. Polo que se non respectan os vosos dereitos ou tentan presionarvos para coller as vacacións nalgunha data concreta, consultádeo antes de aceptar.

Quede este resumo como lembranza para, dentro duns meses, a ver se estas informacións, son confirmadas ou desmentidas polos feitos.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]






Ningún comentario: