30 de decembro de 2008

Resumo acción sindical 2008

Mobilización na Coruña
Mobilización en Ourense
Mobilización en Pontevedra Mobilización en Lugo
Mobilización en Compostela

En canto a nosa Sección tivo novas da implantación do Proxecto Velázquez en agosto de 2007, denunciou o que se nos viña enriba: a reconversión do BBVA coa exteriorización de servizos, a reestruturación do cadro de persoal e a industrialización do modelo operativo.
Dende ese intre, as iniciativas pola nosa parte non cesaron para deter a implantación dun proceso que terá nefastas consecuencias nas nosas condicións de traballo, ademais de supor a perda de numerosos postos de traballo, e así se lle dixo na nosa intervención ao Presidente e Conselleiros na Xunta de Accionistas celebrada en Bilbao o pasado marzo.
Cando no mes de abril, e de un día para outro, se implanta o Proxecto Clima, comezamos a informar do pouco que a empresa nos deixou saber, a advertir dos problemas que os cambios nos achegan e a propor solucións aos mesmos.
Asemade, comezamos loitar con todos os medios ao noso alcance contra este proxecto ou, cando menos, contra os efectos que nos fan perder dereitos e calidade de emprego. Velaquí un resumo das actuacións mais importantes levadas a cabo:
23/04 Mobilización en Compostela
30/04 Denuncia ante a Inspección de Traballo de A Coruña pola reestruturación do cadro de persoal non informada á representación sindical 05/05 Cumio Europeo en Lisboa. Reunímonos coa representación de Portugal e Reino Unido, tamén afectados pola reconversión de BBVA, coincidindo coa celebración do Comité de Empresa Europeo e elaboramos un Comunicado Conxunto
08/05 Mobilización en A Coruña
23/05 A Inspección de Traballo en A Coruña falla ao noso favor
27/05 Reunión con Recursos Humanos en Madrid 18/06 Mobilización en Pontevedra
26/06 Mobilización en Lugo 02/07 Reunión coa Consellería de Traballo
24/09 Mobilización en Ourense. Presentación denuncias ante as Inspeccións de Traballo provinciais pola falta do Informe de Prevención de Riscos Laborais nas CBC 08/10 Comparecencia ante a Inspección en A Coruña, de novo dános a razón
25/11 Reunión con Recursos Humanos en A Coruña, pedindo a negociación de melloras nas condicións de traballo, en especial nos desprazamentos Como sabedes, todas estas iniciativas non fixeron que abandonaramos as nosas visitas ás oficinas, para que nos contedes en directo as vosas inquedanzas, ou a atención a outros asuntos.
Contade con que en 2009 imos seguir loitando pola defensa dos dereitos laborais do persoal do BBVA coma sempre, e esperamos que contactedes con nós para o que precisedes.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]






Ningún comentario: