19 de novembro de 2008

Revisións Médicas 2008

Debido ao magnífico funcionamento dos departamentos de BBVA recomendamos ao persoal que queira realizar a súa Revisión Médica QUE O SOLICITE, ou corre o risco de quedar sen ela.
As Revisións Médicas que por lei ten que ofrecer BBVA ao seu cadro de persoal, xa hai tempo que cobren tan só o protocolo mínimo e que se distancian no tempo o máximo permitido pola lei: nesta liña de gran preocupación pola saúde do persoal, preocupábanos que, rematando o verán, non tiveramos novas de que a xente fora contactada nas provincias de Pontevedra e Ourense como era preceptivo este ano.
Tras contactar coa UTRH, nos aseguraron que todo o proceso estaba a transcorrer con normalidade.
O certo é que só se chamou ás traballadoras e traballadores maiores de 50 anos, que son convocados anualmente.
Ao observar que chega novembro e as cousas seguen igual, a nosa Sección Sindical contactou co departamento de Medicina no Traballo no que, ao parecer, tiñan a errónea idea de que este ano non lle tocaba facer a revisión a Pontevedra e Ourense: é dicir, NON SE ESTÁ OFRECENDO A REVISIÓN MÉDICA COMO MARCA A LEI.
Deste xeito, só na Provincia de Pontevedra, case 200 persoas seguen sen facer a Revisión estando a piques de rematar o ano.
A nosa recomendación é que cada interesado/a, chame directamente ao departamento responsable para que lle dea solución, así que velaí os datos:
Departamento de Medicina no Traballo: 913 746 107
Lembrade tamén, que a Clínica Magdalena de Pontevedra foi rexeitada dende hai varios anos, e a UTRH asegura que a designada este ano é o Hospital Domínguez, así que téndeo en conta cando vos indiquen o centro.
Xa vedes como andan as cousas, así que tomade nota en A Coruña e Lugo para o ano que vén.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]






Ningún comentario: