Estase a cargar, agarde un momento por favor!

30 de outubro de 2008

Cambio no teleproceso

Proximamente nas nosas pantallas teremos unha nova complicación: o teleproceso que coñecemos cambia por un sistema supostamente máis intuitivo (¿para que o poida manexar calquera?) e polo que parece, moitísimo máis lento (¿para que á xente lle entren máis ganas de ir aos caixeiros?).

Coincide este cambio, e non cremos que sexa casualidade, coa reunión que o BBVA mantivo coa administración dos CBC sobre a importancia da automatización.

Para este cambio masivo, que afecta a todo o mundo en maior ou menor medida, a formación vai en cascada: os RGA serán responsables de dar a información ao resto do cadro de persoal.

Isto nos fai preguntarnos algunhas cuestións:

-¿Que seguimento ou control vai ter que efectivamente se faga a formación do persoal?

-¿Están todos os RGA preparados para ser formadores?

-¿Cando e como se vai impartir dita formación?

As respostas a estas cuestións son tan numerosas como CBC’s poidades atopar, e é que a indefinición volveuse a marca característica do noso funcionamento post cambio climático.

Dende a CIG poremos todos os medios ao noso alcance para que os inconvenientes que nos poida causar este cambio sexan os menores posibles e que, no peor dos casos, teñan compensación. Velaí algunhas suxestións:

-Se vedes que ides quedar sen a formación, contactade coa vosa representación sindical e/ou pedídea por escrito.

-Tede en conta que ninguén vos pode obrigar a recibir formación pola tarde, xa que non son as vosas horas de traballo.

-No caso de que queirades aceptar voluntariamente un horario fóra do de traballo, estades no voso dereito de que vos abonen gastos de comida e que vos compensen o tempo empregado no curso con tempo libre noutro momento.

-O noso consello é que non ampliedes o voso tempo de traballo, pero en calquera caso, nunca o regaledes.

Ningún comentario: