Estase a cargar, agarde un momento por favor!

18 de agosto de 2008

Cambios no clima

O CLIMA segue a despregar os seus cambios a novos ámbitos. O día 28 do mes de xullo, comezou a experiencia piloto do Proxecto CLIMA en Banca de Empresas e Corporacións.

Non é moita a información de que dispoñemos e, por suposto, de palabra, pero aquí vai un adianto:

• Existen unhas oficinas cabeceira e outras periféricas. Ao parecer, nas periféricas tan só quedaría unha persoa a cargo de temas de administración e o resto de persoal administrativo debería ser trasladado á oficina cabeceira. A persoa que quedara na periférica tería que enviar o traballo á cabeceira para que llo fixeran alí e ocuparse daquelas tarefas que non fora posible trasladar.

• O tema é que se xa en particulares a dispersión xeográfica dentro das CBC é un problema, imaxinade en BEC, onde as distancias entre cabeceira e periféricas poden acadar os 50 Km.

• Aínda que existe un calendario de incorporación a este novo plan, descoñecemos as súas datas efectivas pero, en calquera caso, o proxecto do BBVA consiste en ter desprazada toda a administración de BEC a OP PLUS Málaga para o mes de xullo de 2009, polo que podedes supoñer que estamos ante un paso intermedio.

Dado que non dispoñemos de moita máis información polo de agora, esperamos que nos teñades ao corrente de calquera cousa que poidades saber. Asemade, tede a seguridade de que tomaremos as medidas oportunas respecto destes novos cambios.

Ningún comentario: