Estase a cargar, agarde un momento por favor!

6 de xuño de 2008

Convocadas Asembleas

Compañeiro/compañeira:

A empresa ten en marcha un plan de RECONVERSIÓN que significará a destrución de 8.000 postos de traballo, dos que 400 serán en Galiza, utilizando para elo a exteriorización de servizos (OP+ Málaga, IBM España, Securitas), as deslocalizacións (OP+ Lima, IBM Arxentina) e as prexubilacións e baixas incentivadas.

Ante esta situación, dende a Confederación Intersindical Galega convocámosvos a unha asemblea de traballadores e traballadoras que se celebrará en VIGO

DÍA: 10 de xuño de 2008HORA: 18,30LUGAR: Salón de Actos da CIG - Gregorio Espino, 47 entrechán - VIGO (rotonda Estación autobuses).

Nesta asemblea queremos facervos chegar as nosas propostas de actuación e escoitar as vosas opinións e inquedanzas.Acude e participa: o teu posto de traballo pode estar en xogo.

Non á reconversión do BBVA!

Nin exteriorización nin deslocalización!!

Polo mantemento dos postos de traballo na nosa terra!!!

NOTA: En vindeiras datas convocaremos outra asemblea na cidade de PONTEVEDRA para que poidan asistir aquelas persoas que, sobre todo por cuestións de non proximidade do seu domicilio, non participen nesta asemblea de Vigo.

Ningún comentario: