Estase a cargar, agarde un momento por favor!

8 de maio de 2008

Nova mobilización da CIG contra a reconversión




As 11 da maña do día de hoxe a OP da Coruña foi o escenario dunha nova mobilización da CIG contra a reconversión do BBVA pola que 400 postos de traballo desapareceran en Galiza sendo a carga de traballo externalizada e deslocalizada a través de subcontratas radicadas en Málaga, Buenos Aires e Lima.

Durante a concentración os lemas mais boureados foron "Non, non, non a reconversión", "Mais bancarios e menos precarios", "Contra a reconversión Convenio Galego" ou "Vaiase señor González" en referencia ao Presidente do BBVA, o executivo mellor pagado do Estado.

Posteriormente tivo lugar unha asemblea no interior da oficina para explicarlle ao persoal a situación do conflito a día de hoxe.

Destacar que ante esta mobilización que foi previamente anunciada pola CIG, os sindicatos centralistas convocaron outra paralela.

Hoxe todos berramos contra a reconversión, moito nos tememos que moitos dos que hoxe berraban ao noso caron, dentro de pouco asinaran co Banco un acordo dando como boa a destrucción de emprego en Galiza.

Podes ver aquí a noticia da concentración de hoxe na Voz de Galicia e escoitar as declaracións do compañeiro Luciano Luxilde para Radio Voz. Podes mirar aquí a noticia e mais fotos na páxina web da CIG.

Novos apoios á cimeira internacional

Hoxe a Sección Sindical no BBVA da Intersindical Catalana CSC, adheriuse ao manifesto sindical pactado en Lisboa pola representación europea no BBVA, polo que a día de hoxe este conta co apoio dos representantes dos traballadores e traballadoras da Galiza, Portugal, Inglaterra, Franza, Euskadi e Cataluña.

Ningún comentario: