Estase a cargar, agarde un momento por favor!

30 de abril de 2008

O día 8 mobilizarémonos na Coruña

O pasado 23 de abril, cunha concentración na Oficina Principal de Compostela, a capital de Galiza, comezamos o proceso de mobilizacións contra a reconversión do BBVA.

Días antes solicitamos formalmente de RRHH información sobre o alcance do proceso; do número de persoas afectadas; das opcións de recolocación; sobre como afectan os cambios organizativos aos salarios, aos horarios, ás categorías profesionais ou a calquera outra condición laboral.

Non tivemos contestación por parte de RRHH, polo que temos presentado unha denuncia na Inspección de Traballo.

Desgraciadamente o Banco continua co proceso de reconversión, e hoxe temos coñecemento por outras fontes do alcance do mesmo, reafirmándonos no denunciado na mobilización do día 23 de abril.

O vindeiro día 5 de maio participaremos nunha reunión en Lisboa con todos os sindicatos europeos do BBVA, agás CCOO e UGT, que non estarán presentes por decisión propia. O proceso de reconversión da Entidade é a nivel europeo, polo que consideramos moi importante unificar criterios e incluso proporemos mobilizacións de ámbito europeo.

Ante esta situación o proceso de mobilizacións debe continuar, así que o vindeiro día 8 de maio concentrarémonos de novo, desta volta ante a Oficina Principal de A Coruña.

Galiza, 30 de abril de 2008

Ningún comentario: