7 de febreiro de 2008

Nun ano de beneficios, os bancos reparten perdas

A suba salarial pactada no Convenio estatal de Banca, por (AEB, CC.OO, UGT e CGT) para o ano 2007 foi do 2'75 % sen dereito a percibir os correspondentes atrasos en caso de que o IPC superase esa porcentaxe.
Finalmente o IPC pechou no 4'2 %, polo que todo o persoal afectado polo de Banca perdeu un 1'45 % dos seus salarios, os atrasos que non cobrará.



   Vídeo: You Tube  [.mp4] 9'15 Mb

Segundo CC.OO, UGT e CGT, o cuarto de paga de beneficios que introduciron no supuña unha importante mellora dos nosos salarios; nada máis lonxe da realidade, en moitos casos non cubre nin a perda nos salarios derivada da inflación. Lembrar que con este cuarto de paga non se recuperan totalmente as pagas perdidas en anteriores convenios.

Por unha banda, este cuarto de paga non foi universal, houbo moitos compañeiros e compañeiras de diferentes bancos que perciben complementos voluntarios absorbibles que viron como o cuarto de paga non lles afectaba. Na maior parte dos casos os atrasos do 1'45 % que non percibiremos, superan o cuarto de paga.
En definitiva, nun ano de beneficios, os bancos reparten perdas ao persoal, co visto bo da representación sindical estatal, que non da Confederación Intersindical Galega (CIG).





➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]






1 comentario:

CIGBBVA dixo...

https://www.youtube.com/embed/kh_T1oiS5dM