Estase a cargar, agarde un momento por favor!

21 de febreiro de 2008

Milleiros de delegados/as da CIG contra a carestía da vida




O pasado día 21 de febreiro milleiros de delegados e delegadas da CIG percorreron en manifestación as rúas de Compostela “Contra a carestía da vida e por uns salarios dignos”. Con esta mobilización a nosa Central Sindical reclama medidas urxentes por parte das diferentes Administracións para atallar a desmedida suba dos prezos.

Vimos de perder un 1,45% dos nosos salarios polos atrasos correspondentes ao ano 2007 que non cobraremos. Unha perda calculada en relación ao IPC do ano 2007 que pechou no 4,2%, pero hai que ter en conta que numerosos produtos básicos pecharon moi por riba, como os prezos dos alimentos que medraron un 6,6% segundo o propio Instituto Nacional de Estatística.

Pola contra, os titulares da prensa son unánimes e demoledores: A Banca exhibiu beneficios records, o SCH gañou 9.060 millóns de euros, o BBVA incrementou os beneficios un 29,4%, o Banco Pastor gañou un 29,6% máis, o Banco Popular obtivo 1.260 millóns de beneficios, un 22% máis, e así un tras outro.

Os nosos salarios subiron por Convenio un 2,75% co visto bo de CCOO, UGT e CGT.

Ante esta situación os delegados e delegadas da CIG nos distintos Bancos estivemos presentes na manifestación para denunciar publicamente aos Bancos e para reivindicar subas salariais acordes cos bos resultados das empresas.

Ningún comentario: