Estase a cargar, agarde un momento por favor!

10 de febreiro de 2008

Suba salarial 2007: Para nos un 2,75%, para eles un 13,5%

Os traballadores e traballadoras do BBVA tivemos unha suba salarial do 2,75% no ano 2007 mentres o IPC foi do 4,2%, polo que perdemo un 1,45% dos nosos salarios debido aos atrasos que non cobraremos grazas ao Convenio Estatal asinado por CCOO-UGT-CGT.

Agora os medios de comunicación coinciden en sinalar a desproporcionada suba salarial da cúpula directiva dos grandes bancos, especialmente a suba dos salarios e da blindaxe de Francisco González. O seu salario fixo subiu un 5%, o variable un 18%, a media foi do 13,5% en total o Presidente do BBVA embolsarase 5,730.000 euros (casi mil millóns das antigas pesetas).

En canto a súa blindaxe (o que cobraría do BBVA en caso de despedimento) subiu ata os 81 millóns de euros.

Defenden a contención salarial e o despedimento libre, menos para eles claro.

Enlace noticia no diario Público.

Enlace nova diario El País.

Ningún comentario: