21 de febreiro de 2008

Despedimentos en Bancos e Caixas

Estamos detectando con gran preocupación un incremento no número de despedimentos en e que teñen un fío común. Os son realizados en base a supostos incumprimentos da interna das Entidades, nomeadamente a relacionada coa concesión de préstamos e créditos.

En todos os casos, os préstamos e créditos foron concedidos en base á operatoria habitual en cada unha das empresas, malia que a operatoria habitual non sempre coincide cunha interpretación ríxida da normativa interna.
As empresas recoñecen estes despedimentos como improcedentes optando por indemnizar ao persoal, polo que dificilmente cabe recurso xudicial.

O persoal de e está sometido a fortes requirimentos para cumprir obxectivos comerciais. Nos anos pasados, especialmente centrados na colocación de préstamos e créditos a particulares e empresas.
Agora, ante a no sector financeiro e ante o posible medre dos casos de mora, as Entidades pretenden dar exemplo despedindo en base a supostos incumprimentos da . Alegan que os préstamos e créditos indebidamente indocumentados poden ser de difícil cobro en caso de mora.

Ante estes feitos dende a CIG queremos facer un chamamento a todo o persoal do sector para que cumpra rigorosamente a normativa interna de cada unha das empresas e que se revisen os expedientes dos préstamos e créditos concedidos.
En todo caso dende a CIG faremos un seguimento exhaustivo deste tipo de despedimento en cada unha das empresas. Non admitiremos abusos, nin que se responsabilice ao persoal das malas prácticas impulsadas polas propias Direccións dos Bancos e Caixas.





➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]






Ningún comentario: