Estase a cargar, agarde un momento por favor!

4 de decembro de 2007

Catalogacións

Está aberto o proceso de catalogacións. Xa vos temos falado del, e feito resumo do manual que aparece no e-spacio, así que só abondaremos nas ideas principais.

• Trátase “dunha valoración global que o/a responsable realiza dos seus/súas colaboradores/as na súa función actual e cuxos resultados son utilizados para a aplicación de determinadas políticas de Recursos Humanos”.

• É UNHA VALORACIÓN SUBXECTIVA, xa que a obxectividade do/a responsable directo pode ser controlada polo seu xefe/a, quen pode acceder ás catalogacións realizadas e, unha vez finalizado o proceso, PÓDESE MODIFICAR.

• Pode ser usada como presión ou represalia, xa que non se libera ata que se libera a avaliación, e non ten ningún criterio obxectivo no que basearse.

• Este proceso, inflúe na nosa revisión salarial.

• Consiste en que o/a noso responsable poña unha marca nunha categoría de seis que van de MALO a MOI DESTACADO, que pasa a formar parte do noso expediente persoal.

• A catalogación MALA ou REGULAR supón que estás “desaxustado/a” na túa función polo que:

- Non se percibe retribución variable.
- Faise un seguimento especial dos desaxustados/as.

Se estades en desacordo facédeo saber.



SE TEDES CALQUERA DÚBIDA, CONTACTADE COS VOSOS E VOSAS REPRESENTANTES SINDICAIS.

Ningún comentario: