Estase a cargar, agarde un momento por favor!

22 de outubro de 2007

Xaque Mate aos Beneficios Sociais

Hoxe tivo lugar en Madrid a firma do novo Acordo de BBSS por parte da empresa e de CCOO, UGT e CC.

O contido do acordo baséase no preacordo do que xa falaramos en agosto, e que supón a equiparación de todo o cadro de persoal coa excepción de condicións residuais que ao ter a consideración de “ad personam”, non poden eliminar mediante pacto colectivo.

A CIG NON PODE FIRMAR ESTE ACORDO POR ENTENDER QUE É UNHA RENUNCIA A DEREITOS ADQUIRIDOS E HOMOLOGA POR ABAIXO SEN BENEFICIAR A NINGUÉN MÁIS QUE AO BANCO QUE AFORRA MOITOS CARTOS.

Por exemplo:
A compensación económica é inferior en dez euros á da última proposta (xuño 2007), e hai tan só oito anos, ofrecían unha compensación de 800 euros en lugar de 570 para os/as activos. E daquela mantiñan JAFA e premios de antigüidade. Botade cálculos...

O agravio comparativo que veñen sufrindo algúns colectivos (con menos dereitos que un novo/a incorporado), non vai ser compensado de ningún xeito. BBVA é unha imaxe con colectivos de distintas categorías.

O aforro que fan coa liquidación dos PREMIOS DE ANTIGÜIDADE, é tan claro como isto: Se facemos o cálculo das accións que lle correspondería a unha persoa que traballara en BBVA durante 42 anos polos distintos premios e o anualizamos, ao prezo actual das accións BBVA, sería un pago anual de 525 euros. Con 570 euros anuais queren compensar non só a perda deste dereito senón a de JAFA, bolsa de vacacións, Nadal...

E que hai do tema de RESIDENCIAS E APARTAMENTOS?

Onde o custe anual por Residencias e Apartamentos para a empresa era de 5.250.000 €, pasa a aportar 3.000.000 €. Onde vai a diferenza?

A venda de Residencias (Dous en Alacante e unha en Costa Brava, Madrid e Murcia) e Apartamentos en Alacante, todos eles en zonas de gran valor inmobiliario, estamos certos de que produciran grandes beneficios, co que seguro que darán cuberto o gasto do rescate dos Premios (minguados en todo o posible).

Seguiremos informando das grandes conquistas sociais hoxe acadadas sen a nosa colaboración e esperamos que nos consultedes sobre calquera dúbida ao respecto.

Ningún comentario: