Estase a cargar, agarde un momento por favor!

4 de outubro de 2007

Sábados libres (para as oficinas)

No continuo esforzo de BBVA por aforrar cartos, comeza a expansión do proxecto que xa levaran a cabo en Madrid o pasado ano, de pechar certas oficinas en sábado e facer que o persoal de turno traballe noutra oficina.

A iniciativa vai afectar seica a 400 oficinas en toda España e a 14 en Galicia.
Parécenos un recoñecemento implícito da falta de rendibilidade da apertura de oficinas en sábado e unha proba máis da obsesión pola redución no gasto a costa sempre do cadro de persoal e da clientela sen máis consideración, nin sequera polo propio sistema de traballo implementado polo banco, por iso nos preguntamos:

· Como será a comprobación de firmas da oficina pechada?
· Como será a consulta de documentación que queda na oficina pechada?
· Para que oficina traballan e contratan produtos os/as desprazados/as?
· Como van corrixir os obxectivos e as avaliacións do persoal afectado?
· Por que personalizan á clientela e logo lles pechan a porta da súa oficina?
· Cantos prexuízos causarán os cambios nos turnos de sábados?

Estamos certos de que estas son tan só as primeiras cuestións que se nos ocorren, pero que haberá moitas máis.
Esperamos que o persoal afectado non dubide en contactar con nós para calquera consulta.

A continuación axuntámosvos a relación das oficinas afectadas.

Ningún comentario: