Estase a cargar, agarde un momento por favor!

22 de outubro de 2007

A enquisa da araña

Xa rematou o proceso de VBA. A pesar das nosas recomendacións, e dos avisos que mandaron desde RRHH, moitas persoas non celebraron a entrevista.

É máis, polo que puidemos observar, case ninguén leu a guía onde se define cada concepto que ten que ser xulgado na enquisa. O problema é que se cadaquén entende unha cousa distinta e puntúa baseándose nese plantexamento, a “araña” obtida pode non ser a que se quería reflectir... E non esquezades que coa VBA se están a perfilar as nosas capacidades, as nosas necesidades de formación e pode que co tempo a nosa posibilidade de desenvolvemento profesional.

Un exemplo: que ninguén vos diga que “implicación” é ir traballar pola tarde prolongando ilegalmente a xornada laboral...

Calquera que non estea de acordo coa súa VBA, que así llo faga saber ao seu/súa responsable, e se estima que o tema pode ter consecuencias, facédeo por escrito: o sistema deixa constancia, deixádea tamén se non estades conformes.

Estando a piques de chegar as avaliacións esperamos que non se cometan erros que se deron en anos pasados e que contedes con nós para calquera consulta ou asesoramento que vos podamos prestar.

Para este ano, hai postos que contan cun novo obxectivo: a AUTOMATIZACIÓN, cuxo peso na avaliación está previsto e conta dende xaneiro, mentres que a definición das pautas a seguir para acadalo foron reveladas neste mes de outubro, así que aviso a Xestores Operativos, JGAC e JGO: cando vos fagan a avaliación mirade a influenza que a automatización tivo nos vosos resultados.

Pola nosa parte cremos que, dado que non se deron as instrucións adecuadas ata finais deste ano, o obxectivo non debería empezar a contar ata o ano que vén, xa que a consecución ou non do mesmo dificilmente será debida ao traballo orientado á automatización, senón a outras circunstancias coma a situación da oficina ou o perfil medio da clientela.

Tede en conta estas consideracións para cando cheguen as avaliacións e defendede os vosos dereitos.

Ningún comentario: