Estase a cargar, agarde un momento por favor!

13 de setembro de 2007

Plan Velazquez

BBVA quere levar a cabo un proxecto, disque innovador, que comeza ao grande coa creación do Centro de Operacións OP Plus en Málaga, no que a estrutura comercial da oficina soportará unha menor carga administrativa, ou sexa calquera labor que non sexa puramente de venta. Este proceso experimental pretenden extendelo ao resto da rede.

Só actividades que requiran a presenza da clientela faranse na oficina: Non contan con que aínda é moita a xente que esixe o trato persoal para case todo. Os procesos máis complexos faranse no Centro de Operacións: Comezan co DEX, pero detrás irán outros. As tarefas máis sinxelas serán enmarcadas nun modelo operativo moi industrializado: Non o explican máis pero tememos que se trate de externalizacións tamén pero aínda de peor calidade.

A implantación do modelo, xa a estamos a sufrir, e vai moi axiña:

Peche de Departamentos de Servizos Centrais:
· CMD: Decembro de 2006, 300 persoas de Banca pasan a Finanzia.
· DEX: Antes do fin de 2007, ao Centro de Operacións de Málaga.
· DINERO EXPRESS: Antes do fin de 2007, centralizarán este departamento en Málaga.
· DAR: Xa están a prexubilar xente para centralizar o servizo en Madrid.
· CAS: Intentos de externalización a algún pais sudamericán.
· E o seguinte...?

Experiencia piloto de externalización do servizo de caixeiros automáticos: Como é que de pronto queren liberar de traballo aos postos administrativos?

Servizo de recollida e entrega de cartos: Xa comezou a funcionar, e tamén liberará de moito traballo aos postos de caixa de algunhas oficinas con maior incidencia de ingresos de recadacións, xa que o servizo de transporte de cartos recolle o diñeiro, fai o ingreso, dálles cambios...

Non quererán externalizar o servizo de caixa para ampliar o horario comercial contratando fóra do Convenio de Banca e en precariedade laboral?

Cremos que é momento de estar alerta, moita xente vaise ver afectada directamente por prexubilacións, comisións de servizo, traslados forzosos, cambios radicais nas funcións, e mañá mesmo podemos ser nós. BBVA, facendo gala unha vez máis, do seu talante comunicativo, non tivo contacto co noso grupo sindical para comunicarlle cambios que afectarán radicalmente ás condicións do emprego, tanto de persoal aínda en activo, como ao que queren incorporar á marxe do Convenio de Banca. Pola nosa banda estudaremos a situación e seguiremos a informar da mesma.

Resumo do Plan Velazquez:

Ningún comentario: